Visita Pazo Conde de Oleiros
18 oct 2025 16:30 CEST CEIP Vilaverde
Asisten: Borxa Mexuto (A Pedreira), Jaime Blanco (Brincabois), Ángel Fontenla (AFIRVAL)
Fotografías e vídeos: Visita Pazo Conde Oleiros 18/10/2025
Orixe
Existe un pazo abandonado chamado de Conde de Oleiros ou de Vilaverde entre a estrada a Montecelo e a Rúa Vilaverde.
Jaime:
“Gustariame saber si tratachedes algunha vez o tema da recuperación/conservación do espectacular bosque de abelairas que hai nas beiras do rio Valdecorvos e que ocupa un montón de superficie ao seu paso polo pazo de Casal de Vilaverde.Moitas cortaron as pero rebrotaron ben. Haberia como mínimo que aproveitar os 5 m de dominio público hidráulico para conseguir que non volvan a cortalas cando lles pete.
Esa finca de 77 hectáreas onde se ve unha construcción,o pazo,que está na subida a Montecelo e que sera unha plantación de chaletes (e adeus bosque de abelairas e río) se algún organismo público non o impide.
Teriamos seguramente o apoio da Sociedade Heráldica e Nobiliaria de Galicia,que levan tempo laindose do abandono dese pazo e os seus destacados elementos patrimoniais: escudos,ese horreo (dos máis altos de Galiza)”
Propostas
- Visita á zona
- Facemos algunha nota reivindicativa.
- Apoio da Sociedade Heráldica e Nobiliaria de Galicia
- Bosque de abelairas xunto ao rio.
- Facer un gran parque cun centro sociocultural
- Visibilidade da zona natural
Resumo
- O Rego de Petronila - Maré vai canalizado polo pazo de Oleiros, coincidindo co descrito nos mapas.
- O pazo e a parcela son un parque natural en potencia na actualidade en desuso.
- Os problemas do Valdecorvos están presentes dende o seu nacemento.
- O nacemento do Valdecorvos pode ubicarse no Príncipe Felipe.
- O pazo e o Valdecorvos gardan certa relación, puidendo ser de interese para a mesa o seu coidado e reivindicación.
- Podemos engadir varios puntos de interese máis para vindeiros roteiros:
- Depósito non-municipal https://maps.app.goo.gl/H7zgHW6gtigX1AM58
- Fonte e lavadoiro https://maps.app.goo.gl/GojMRgmTFDAx7ncb6
- Pozo de regadío https://maps.app.goo.gl/RDQdH5tRZkkKQmMS7
Entrada do Pazo de Oleiros: https://maps.app.goo.gl/V2kWQgNZALjaxrbn9

Premisas


- Segundo o visor de Augas e os planos Viaqua, o Pazo está xusto na divisoria entre o río Valdecorvos e o Petronila- A Maré
- No traballo de toponimia de Normalización do Concello refírense a ese pazo como o Pazo dos Condes de Oleiros
- https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/500-anos-historia-engullidos-maleza/202205102140421200036.html
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2005/02/26/piden-proteccion-pazo-granxa-mourente/0003_3499219.htm
Visita ó pazo
Comenza a visita ás 16:30 Borxa e Ángel. Aparcamos no colexio Vilaverde e subimos ata a entrada do Pazo, á man esquerda nunha entrada despexada máis arriba dun cartel informativo. Chamamos a Jaime, aínda está de camiño.
O primeiro que atopamos é unha parede de pedra cun cancelo, facendo de entrada ó pazo. Actualmente a maleza impide o paso. Rodeamos pola dereita por unha entrada entre o muro.
Entramos por camiños que, sospeitamos, alguén aínda limpa pero que o seu uso habitual parece ser de especies cinexética ou curiosos. Polo camiño atopamos a primeira aveleira, solitaria entre as moitas silveiras e xestas.
A primeira ollada ó edificio principal é a un teito de tella vella e uralita.
Chegamos á parte posterior da primeira planta do edificio principal, despexado o suficiente para dar paso á entrada.
Destacan chan o apodrecido, unha gran lareira de pedra, espazos amplos, pintadas e restos de refugallos. O exterior da planta superior é de pedra labrada e o de abaixo de pedra natural.
Os espazos son amplos e diáfanos. Non atopamos sináis de heráldica. No outro extremo do edificio dende o posterior vemos un patio, cuberto por uralita, no que polas fotos de arquivo sospeitamos que se atoparía a fonte octogonal.
Patios, camiños e canalización
Baixamos á cara norte do edificio, atopamos una balconada e un claro arrodeado de aveleiras, castiñeiros e carballos. Entre a maleza hai varios camiños, os moitos muros e terrazas que se atopan entre os mesmos, conforman un parque descoidado e laberíntico. Comenzamos a entrever a dimensión da parcela.
Baixando aínda máis pola cara norte escoitamos auga, e atopamos a canalización empedrada do rego Petronila con algunhas pontellas. Decidimos subir a caron del para logo baixar, dirección norte. Entre subidas, baixadas, tobeiras, raposeiras, xestas e aveleiras chegamos á estrada de montecelo, xunto ó asador. Neste punto confirmamos que aquí se atopa un belísimo parque natural soterrado entre a maleza, e con gran potencial, que só precisa dunha pequena limpeza e control de invasoras.
Volta, refugallos e Petronila
Voltamos tentando investigar ós arredores, atopando só máis terrazas, restos de animáis e refugallos históricos.
De camiño chama Jaime, acordamos atoparnos con él no paso entre o muro.
Presentámonos, poñémonos ó día e procedemos a baixar, pois non hai relación co río Valdecorvos ata o de agora.
Hai dúas opcións, verificar por onde cruza o Petronila para descartar a aportación ó Valdecorvos, ou baixar ó CEIP Vilaverde para investigar dende o río. Decidimos facer as dúas cousas e comezamos co Petronila, seguindo o camiño que conecta a Rúa Vilaverde e a Rúa dos Pradiños, pola chamada Rúa Fonte. Semella que o rego descorre ata a Rúa dos Pradiños bifurcado en dúas partes, unha ven pola canle de pluviais da Rúa dos pradiños e outra pola parte máis ó leste do muro de pedra da parcela do pazo, pasando ó carón ou por debaixo. Despóis se soterra e entuba, chegando á av. de Lugo.
Vilaverde, braña e Valdecorvos
Baixamos cavilando onde poden estar os nacementos do valdecorvos, pois ó chegar á Rúa Vilaverde, a caída do terreo indica que xa iría no seu favor. Atopamos á metade de camiño da baixada un lavadoiro, que pode ser indicativo dun nacemento de auga.
Seguimos baixando revisamos o cartel do punto final dos roteiros, onde se xuntan, diante dunha casa de nova construcción, os dous regos principáis que conforman o inicio do Valdecorvos.
Baixamos ata a braña, e apoiados os tres no valado azul que da paso á finca do uruguallo despotricamos do estado actual, do desprecio da natureza, os atentados ecolóxicos e da necesidade de coidar este tipo de espazos.
Despedímonos de Borxa. Jaime e Ángel quedan uns minutos máis poñendose ó día e pechando datas para as seguintes actuacións.
Lavadoiro, fontes e nacementos
Tras despedirnos decido subir pola miña conta máis aló do final do roteiro. Chego ata o lavadoiro, do cal ven a aportación principal ó Valdecorvos nesta zona. Está alimentado por unha fonte de auga non potable ó outro lado da rúa.
Sigo subindo e chego a unha rúa sen saída, pero atopo as canalizacións ó descuberto que alimentan esta fonte e un pozo? Pregúntolle a unha veciña, que amablemente explícame un pouco de todo:
- O río nace no Príncipe Felipe
- Está canalizado nesta zona para evitar danos e humidades
- Teñen un pozo con un aliviadoiro para regadío entre as dúas casas nas que está instalado
- Neste pozo xúntanse as aportacións do manancial natural e as pluviais da rúa.
- Podemos visitar o nacemento ou o paso posterior (coñezo á dona)
- Unha das casas aínda usa esta auga para consumo, aínda que xa teñen traída.
Paco, depósito e Vilaverde
Decídome a baixar, vixilando e interiorizando o camiño que fai o río. Atópome co conserxe do CEIP Vilaverde, que segue a ser o mesmo dende o ano 1997 ten 65 anos e está sopesando xubilarse. Explícolle por qué estou alí, e confirma todos os nosos datos.
A maiores engade a información do depósito do colexio: ó parecer este depósito público, por despiste do concello, atopábase nunha parcela privada e agóra atópase nun estado incerto tras a súa venda. Antigamente, antes de ter traída de augas no CEIP, o conserxe facía análises diarios da calidade da auga para o noso uso. Neste depósito sospeito estaría o nacemento principal do Valdecorvos, pechado tras dunha portalón verde, baixo unha pista de tenis e rezumando auga polas paredes.
Seguimos baixando cara a rúa Vilaverde, e cóntame máis anécdotas e curiosidades, ó tempo que confirmo os datos que recabamos ata o de agora. Entre estas anécdotas destaca unha moi interesante que enlaza o Pazo de Oleiros ou Vilaverde co Río Valdecorvos:
“Contaban os vellos que o Conde de Oleiros baixaba a Pontevedra en cabalo seguindo o curso do Valdecorvos, e ó chegar á braña despóis do colexio, ó seu cabalo enterrábanselle as patas. Para evitalo mandou poñer unas grandes lasas de pedra, na baixada, que sería actualmente a unión entre a saída do pazo, o lavadoiro/nacemento e a braña.”
Nunha das obras de entubaxe ou limpeza da zona, Paco recorda a historia achégase e decide verificalo. Sen moito esforzo e búsqueda e armado cun pau, remove a terra da primeira pedra que por tamaño e forma poderían coincidir. Efectivamente parece que a historia pode ser certa pois hai varias destas lasas, xuntas na mesma zona.