Exposición sobre o río Valdecorvos ata o 27 de Xaneiro!
Dispoñible dende o 27 de Novembro ata o 27 de Xaneiro de 2026 no centro social A Pedreira
A mesa pola recuperación do río Valdecorvos, composta por varias asociacións afíns á causa como son A Pedreira, A.V. Altamira-San Antoniño, AFIRVAL, Vaipolorío, APDR entre outras, comparte con agarimo esta exposición para visibilizar unha problemática.
O asedio á biodiversidade pola presión urbanística é unha constante tan normalizada que nos soa raro falar de fauna e vexetación no eido urban, nembargantes acabar con esa presión e acadar unha nova forma de artellar as nosas cidades en equilibrio ca biodiversidade é un reclamo social que precisa de verdear as nosas urbes, por sentido común e por propio interese.Esta exposición sobre as historia do río de Val de Corvos reclama a necesidade da recuperación ambiental e paisaxística como un ben colectivo. Neste senso a exposición tamén nos convida a coñece-la obra do artista pintor Bello Piñeiro fundador Sociedade de Amigos da Paisaxe Galego (en 1927), e dos artistas Celso García, Manuel Aramburu e Rodríguez Moñiz que deixan testimonio nas súas pinturas a paisaxe pontevedresa de antano.
Tamén se proxectará o documental Esquece Monelos (2016) de Ángeles Huerta. https://gl.wikipedia.org/wiki/Esquece_Monelos
