Asamblea pública 12/12/2024
A.V. Altamira - San Antoniño, AFIRVAL, Veciños Fernando Olmedo, C. Gómez.
12 DE Decembro 2024 20h, Salón de actos CGTD, Colexio Atlántico.
Comparece
Xaquín moreda, concelleiro de Urbanismo, Xardíns
Cuestións
1) Somos conscientes que ademais dos cuantiosos danos materiais, as inundacións supoñen un risco para as persoas? Que cando un garaxe se enche de auga e se vai a luz non é difícil que alguén golpee na cabeza e teñamos unha desgracia? Que o mesmo golpe fatal pode ocorrer na rúa cando se inunda e hai un tropezo porque non se ve por onde se pisa?
2) O muro do río do lado de Casimiro Gómez 14, está no aire e ten unha fendedura importante. Que pasaría se este muro rompese atrancándose aínda os cascotes no tramo soterrado? Deberían facer unha revisión estrutural deste muro da súa titularidade, e deberían tamén facer unha revisión estrutural do edificio de Casimiro Gómez 14 e Fernando Olmedo 5, onde o río pasa literalmente por debaixo do edificio.
3) Constatamos que se verteu terra durante meses nas obras en Valdecorvos, que se sigue vertendo, e que agora se verte ademais cemento, materiais que se están acumulando no tramo soterrado. Que están facendo e van facer para parar estes vertidos? Cando van inspeccionar e limpar a totalidade do tramo soterrado?
4) Poden facer un axeitado mantemento de todo o tramo soterrado? Ou é algo ó que hoxe por hoxe non se lle dá mantemento? Que van facer para darlle mantemento e evitar acumulacións nel?
5) Puideron inspeccionar o tramo de Fernando Olmedo para o mar? Debe haber un atranco entre Fernando Olmedo e a arqueta do CGTD que fai que levanten as tapas da rúa, pero que non suba auga pola arqueta do CGTD.
6) Puideron inspeccionar o comezo do tramo soterrado na rúa Casimiro Gómez? O río entra por unha sección de 1x1m co tubo de saneamento no interior e despois pasa á dobre sección de 1x1m sen o tubo de saneamento. Aínda que fagan espazos de contención ou aliviadoiros do río, estes poden non funcionar; deberían solucionar este primeiro encane do río e que xa teña a sección de 2x1m. Na obra de renovación de redes que van facer en Casimiro Gómez en 2025 van sacar o colector de dentro da galería do río? Van alomenos excavar para ver o estado do colector e galería para facer estas modificacións necesarias?
7) Coñecen as conexións entre redes de saneamento, pluviais e o río en Fernando Olmedo? Debe haber conexións mal feitas para o río desborde pola rede de saneamento para o que o río desborde polo alcantarillado creando un problema hixiénico importante. Se o proxecto que se fai non funciona ó 100% como van evitar este problema hixiénico?
8) É preocupante que cada vez se urbanice máis e as augas se vaian vertendo cada vez máis ó río, e non só as pluviais. Poden ampliarse as redes para recoller as augas da vía do tren e do aliviadoiro de Casimiro Gómez? Son conscientes de que hai contribucións de auga importantes e alivios de augas fecais constantes na Avda. de Lugo e máis arriba preto do Colexio Vilaverde?
9) Constatamos nunha limpeza e xornada con científicos cantidade de lixo (trapos, etc) e mal estado do río augas arriba. Que van facer para evitar que o río se encha de lixo que acabe despois atorando o tramo soterrado? Que van facer para pór en valor o río?
10) O alcalde e o goberno municipal deberían facer unha visita urxente e coñecer cómo está soterrado o río e en que estado está para arriba. Canto teremos que esperar para que adiquen 1 hora a vir ver o estado do río encanado e máis arriba?
11) No escrito do 26 de outubro presentado por rexistro pedíanse: avisos en caso de inundacións e actuacións durante os desbordamentos como o corte do tráfico. Nas inundacións do 24 de novembro non se deron avisos por risco de inundacións, pese a que había alerta meteorolóxica. En seguintes situacións con risco de inundación, van avisar? Van facer seguimento do nivel do río? Van tomar medidas de seguridade en caso que o río desborde?
12) Dende a publicación do Inungal o 28 de outubro, é obrigatorio que o Concello de Pontevedra teña un Plan de Acción Municipal por inundacións. En que estado se atopa a redacción deste PAM? Cando se vai ter? A estación de aforo de Augas de Galicia no parque de Valdecorvos non está demasiado arriba para captar os problemas da parte urbana? Son conscientes que a Área con risco de asolagamento ARPSI do río Valdecorvos está mal definida e o río sen estudar?
13) Que diferencias hai entre as lagoas de retención en Valdecorvos propostas polo PSOE, o proxecto de retención no mesmo lugar do Goberno municipal e a proposta de Augas de Galicia de zona de laminación? Son o mesmo? Existe consenso entre as 3 forzas para executar esta actuación paliativa?
14) Nos medios aparece esta semana a nova de que Augas de Galicia sufragaría un proxecto derivado do das lagoas inundables do anterior mandato e que podería facerse no 2025 ou 2026. Que contactos se tiveron e para isto? Que pasos se van dar para poder facer esta actuación paliativa no prazo máis breve posible?
15) Vaise explicar es modificación do Parque de Valdecorvos ós veciños dese barrio do leste da cidade?
16) No caso da zona inundable no parque do Camiño vello de Castela, como se desvía a auga ata alí? Pola mesma rúa estreita? Daríaselle saída cara o mar?
17) No caso do aliviadoiro do río por José Malvar ata o mar, podería levarse esta condución a ceo aberto dende a rotonda do Camiño Vello de Castela ata a Ponte dos Tirantes, facilitando así o seu control, mantemento e conciencia da veciñanza?