Sobre AFIRVAL

Sobre AFIRVAL

Esta asociación Pontevedresa nace co obxectivo de intentar dar voz á veciñanza das rúas Fernando Olmedo, Casimiro Gómez, A Seca e Camiño Vello de Castela (tradicionalmente o barrio da Seca) fartos das inundacións que datan dende a década dos 50 na zona.


Por qué AFIRVAL?

  • A figura de "asociación de afectados" alinéase coa nosa problemática. Unha asociación de veciños ou cultural non tería sentido.
  • As inundacións son a consecuencia da neglixencia histórica das administracións ante a integración do noso sistema de ríos, único e fermoso, coa expansión urbana.
  • O Río Valdecorvos é o gran olvidado e abusado desta historia, que en cada choiva reclama ó seu espazo.

Quénes son AFIRVAL?

A veciñanza do barrio, fartas da deixadez e querendo buscar responsabilidade e solucións, vémonos coa necesidade de darlle unha voz unificada a esta protesta.


Cómo funciona AFIRVAL?

  1. Son fins principais da asociación:
    a) Representar e defender os intereses das persoas e dos comerzos afectados polas inundacións que se producen dende fai máis de 50 anos nas rúas Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e os seus arredores, ocasionadas polo desbordamento do Río Valdecorvos ó seu paso polo tramo urbano en Pontevedra.
    b) Facilitar a comunicación entre os afectados, promovendo o intercambio de
    información relevante sobre a evolución da problemática e as medidas de
    mitigación aprobadas.
    c) Promover a colaboración con entidades públicas, privadas e sociais para impulsar iniciativas que contribúan á recuperación, protección e prevención de futuros eventos de inundación.
    d) Sensibilizar á poboación e ás autoridades competentes acerca da situación,
    fomentando a participación cidadá na xestión e solución dos problemas derivados das inundacións.
  2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
    a) Realización de reunións, encontros, seminarios e xornadas informativas para debater as necesidades dos afectados e as posibles solucións.
    b) Elaboración e difusión de informes, boletíns e outros documentos informativos que recollen o estado actual das medidas aprobadas e os avances na súa implementación.
    c) Organización de campañas de sensibilización, actividades de difusión e accións de incidencia para fomentar a participación social e a colaboración
    interinstitucional.
    d) Desenvolvemento de proxectos e iniciativas de carácter social e cívico que
    propicien o apoio e a mobilización da veciñanza na reivindicación dos seus
    dereitos.

Cómo vos financiaredes?


Aportacións directas da veciñanza, comunidades, comercios e asociacións afíns.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó
cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo